Publicado por: Manuel Dourado Deira | 17 Decembro, 2012

================= A R D E N T Í A =================

                                         (Artigo para Galicia Hoxe , sábado, 15-12-012))

                                        Belén sen Animaliños

                                           Manuel Dourado Deira

Parece indubidable que A súa Santidade ten argumentos e razóns e argumentos para  facer o  que fai; isto é:  na cova de Belén onde naceu non hai nin mula, nin boi nin sequera unha ovelliña para quen ao Neno Xesús aquel noite de frío en encoiro apesar de que, segundo a tradición, era unha noite moi frío e o pobriño tiritaba frío. Porque os pais eran tan pobres que non poseían nin un mal farrapo para taparlo. Por outra banda, aos  pais non se lles ocorrúu semellante previsión porque eles ían de perigrinación a Xerusalén e non contaban nacera tan cedo. Calcularon mal o tempo do parto. Pero coñécese que, entre a enorme paseaata do camiño, que era bastante distancia, o neno apurouse a saír, algúns din que foi a Povidencia que o quixo así para demostrar e dar exemplo de pobreza desde o principio. Porque Deus xa sabía que a ambición dos seres humano os ía a perder a cobiza dos intereses materiais en prexuízo dos seres espirituais. Como así sucedeu, sucedeu x desde o principio. Recórdese senón,  ocaso de Caín e Abel.

E así aconteceu, acontece e seguirá a acontecer mentres o mundo exista.

Isto trae   gravísimas consecuencias. O mundo, sobre todo o actual ten problemas.  Pero o máis importante e transcendental é carencia de valores sempre; pero na sociedade na que vivimos é especialmente aínda, porque divide a sociedade en ricos e pobres; entre pais e fillos; entre irmáns. En Definitiva, entre toda a sociedade. Entón xorde a división da colectividade que nos leva á belicosidade entre os seres humanos. Cantas guerras estalaron con millóns mortos, ao longo da Historia da Humanidade.. Cantas opresión, escravitudes entres poderosos e débiles, etc. etc..

Por iso, tanto ao longo da  Biblia e especialmente nos dos santos evanxeos,.Xesús de Nazaret fartouse de predicarou a súa doctrina a través parábolas, que é a forma máis didáctica de ensinar a un pobo que estaba imbuído pola doctrina do antigo Testamento e inda hoxe hai unha enorme maioría do pobo xudo que non quixo saber nada dos evanxeos, pese a paciente insistencia de Xesús en convencelos do contrario. Mellor, o máis ben peor,  porque a Xesús o torturaron ata o sacrificaron da maneira máis cruel con morte de cruz morte de cruz.

Pero confío no Papa, un pontífice que sabe moi ben o que fai. E, se non o fixo antes tal vez tuvo presións externas, ou simplemente non o considerou  oportuno. Porque tanto o antigo Testamento e sobre todo os evanxeos si que o consignan. E xa non digamos a tradición popular que por todas partes, hai séculos, construío beléns de moio variadas formas po cristiáns, crentes u non, practicantes ou non. Por outra banda, temos a competencia do mundo anglosaxón  que nos ilustrou con outras formas de celebración. Por exemplo con ese barrigón de Papá Noel que intrducíu, ademais, pinoabeto coronado de luciñas baixo o cal poñen os regalos que adoitan facerse por estas festas xaque nós regalamos por Reies

Publicado por: Manuel Dourado Deira | 19 Novembro, 2012

       ================= A R D E N T Í A ===============

                   (Artigo para Galicia Hoxe, sábado, 10-11-2012)

      Sr. Mas:¿Regresamos aos Reinos de Taifas do Medievo?

                                            Manuel Dourado Deira

  A pirueta independentista do Sr. Mas, ¿a onde nos pode levar? Imprevisible! Polo de agora, segundo van indo as cousas, non parece ter un futuro certo. O que si, penso é que tódolos signos que van aparecendo nos medios de comunicación, O Sr. Mas, cuxo partido CiU sempre se distinguiu pola moderación, agora, parece dar un salto no baleiro coa perspectiva dun precipicio de fondo. Segundo se vai sabendo, o Sr, Mas parece que estirou o pé más do que lle dá a manta e pillou un resfriado económico de órdago. Ou sexa, que gastou máis do que debía e agora, como Madrid non pode ser “bona” porque os petos do Estado tamén están moi baleiros, aproveita a difícil conxuntura na que estamos sumidos para declarar a independencia de Cataluña. Mas fai esa pirueta independentista para conseguir que Madrid “solte a mosca” (en euros, claro) e o saque do apuro.

Pregunto: ¿Que vai pasar? Madrid parece firme no propósito de “non arriar a  xoia”. Entre outras razóns, porque outros paxariños están xa o axexo coma os abertzales de Euskadi e talvez algún outro que, de momento, están máis ou menos caladiños. ¿E  Galicia? ¡Pobriña! Aquí xa temos os nosos propios problemas e o Sr. Feijóo non se vai desmandar de Madrid.

E, de momento, somos moitos os que pensamos que ese camiño lévanos a foso cuxo fondo nin sequera se divisa. E, desde  tódolos medios de comunicación, estamos a llo advertir; pero os gobernos tanto de Galicia como de Madrid semella que non se queren dar por enterados, ou padecen unha especie de xordeira que chega a ser, como xa dixen aquí reiteradamente, unha teimosía que dexenera en obsesión por conseguir reducir o déficit. En isto, está apoiado por a UE. É multitude a xente que pensa que o camiño é exactamente o contrario. Hai días que un gran elenco de intelectuais de tódalas ramas do saber insistiron  no mesmo con razóns de peso; pero, polo que se ve e se espera seguir a ver, non lle fixeron nin o menor caso. Como vulgarmente se di, como se cantara un carro, E perdón por incidir tan reiteradamente neste teste tema; pero penso que é necesario dado o cariz que están tomando as cousas dada a absurda aventura na que nos meteu o Sr. Mas que afecta, como no, a todo o país. De xeito que, “eramos poucos e pariu a avoa”, como se dicía algún tempo

E remato coa lección que nos deu Galicia nas última eleccións autonómicas. Foi moi variada e algúns cualificárona de modélica. Pero, sobre todo, foi unha lección de busca dunha saída por novos camiños que non sexan os trillados de sempre da oposición clásica: Un PSOE en crise; un BNG en guerra fratricida, e, por fin, algo moi alecionador que nos está indicando o anhelo popular da necesidade de buscar novas vías de solución: A subida espectacular de A Nova co Sr. Beiras á cabeza. Tomarán nota os partidos fracasados? Parece que algo se rumorea sobre tema…Vermos, dicía o cego.

Publicado por: Manuel Dourado Deira | 10 Novembro, 2012

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ARDENTÍA

Señor Mas:¿Regresamos aos reinos de taifas do Medievo?

MANUEL DOURADO DEIRA  | 09.11.2012

pA pirueta independentista do Sr. Mas, ¿a onde nos pode levar? Imprevisible! Polo de agora, segundo van indo as cousas, non parece ter un futuro certo. O que si, penso é que tódolos signos que van aparecendo nos medios de comunicación, O Sr. Mas, cuxo partido CiU sempre se distinguiu pola moderación, agora, parece dar un salto no baleiro coa perspectiva dun precipicio de fondo. Segundo se vai sabendo, o Sr, Mas parece que estirou o pé más do que lle dá a manta e pillou un resfriado económico de órdago. Ou sexa, que gastou máis do que debía e agora, como Madrid non pode ser “bona” porque os petos do Estado tamén están moi baleiros, aproveita a difícil conxuntura na que estamos sumidos para declarar a independencia de Cataluña. Mas fai esa pirueta independentista para conseguir que Madrid “solte a mosca” (en euros, claro) e o saque do apuro.Pregunto: ¿Que vai pasar? Madrid parece firme no propósito de “non arriar a xoia”. Entre outras razóns, porque outros paxariños están xa o axexo coma os abertzales de Euskadi e talvez algún outro que, de momento, están máis ou menos caladiños. ¿E Galicia? ¡Pobriña! Aquí xa temos os nosos propios problemas e o Sr. Feijóo non se vai desmandar de Madrid.

E, de momento, somos moitos os que pensamos que ese camiño lévanos a foso cuxo fondo nin sequera se divisa. E, desde tódolos medios de comunicación, estamos a llo advertir; pero os gobernos tanto de Galicia como de Madrid semella que non se queren dar por enterados, ou padecen unha especie de xordeira que chega a ser, como xa dixen aquí reiteradamente, unha teimosía que dexenera en obsesión por conseguir reducir o déficit. En isto, está apoiado por a UE. É multitude a xente que pensa que o camiño é exactamente o contrario. Hai días que un gran elenco de intelectuais de tódalas ramas do saber insistiron no mesmo con razóns de peso; pero, polo que se ve e se espera seguir a ver, non lle fixeron nin o menor caso. Como vulgarmente se di, como se cantara un carro, E perdón por incidir tan reiteradamente neste teste tema; pero penso que é necesario dado o cariz que están tomando as cousas dada a absurda aventura na que nos meteu o Sr. Mas que afecta, como no, a todo o país. De xeito que, “eramos poucos e pariu a avoa”, como se dicía algún tempo

E remato coa lección que nos deu Galicia nas última eleccións autonómicas. Foi moi variada e algúns cualificárona de modélica. Pero, sobre todo, foi unha lección de busca dunha saída por novos camiños que non sexan os trillados de sempre da oposición clásica: Un PSOE en crise; un BNG en guerra fratricida, e, por fin, algo moi alecionador que nos está indicando o anhelo popular da necesidade de buscar novas vías de solución: A subida espectacular de A Nova co Sr. Beiras á cabeza. Tomarán nota os partidos fracasados? Parece que algo se rumorea sobre tema…Veremos, dicía o cego.

Escribe o teu comentario

Alias ou chave incorrectos.  Recuperar clave

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

Alias
Chave
Publicado por: Manuel Dourado Deira | 3 Novembro, 2012

                             =============== A R D E N T Í A ===============

                                      (Artigo para GALICIA HOXE, sábado,  3-11-012)

                                             Natalidade e Vellez, en Galicia

                                                 Manuel Dourado Deira

O titular tomeino do Instituto de Estudos de Identidades. Ten este subtitular: Foros sobre natalidade e vellez en Galicia. Un problema que non é a primeira vez que o trato,  pero é un problema certamente grave. Porque, a continuación, faise estes interrogantes: “Galicia, un pobo con pasado”; pero, “Un pobo con futuro?” Cuestións o suficientemente graves para que a sociedade se faga consciente da importancia e transcendencia delas porque nos xogamos o futuro da nosa propia existencia como Pobo Cultura secular de nós, longuísima traxectoria histórica e identidade propia. Por iso, somos xa un pobo vello en anos e rico en potencialidades que, como xa dixen moitas veces, foron e aínda son explotadas por foráneos, mentres nós seguimos divididos e “a velas vir”.

Velaquí, se non, os datos: O último ano no que naceron en Galicia máis de dous fillos por muller foi en 1981. Entre 1991 e 2011 apenas nacen entre 0, 9 e 1,1, moito máis baixo que a media europea. A propia Comisión Europea alerta das nefasta secuelas para o conxunto da UE. Xa non digamos para Galicia, cuxa existencia nos estamos xogando. E aínda engade: En Galicia ven morrendo, de media, 20 galegos máis dos que nacen no seu lugar. A poboación maior de 65 anos respecto a poboación comprendida entre 15 e 64, era en 2010 do 32´7 en Galicia, mentres que na UE, era do 25´9.

E digo eu: ¿Que factores provocaron esta desatrosa situación na que agora mesmo nos encontramos? Xa me referín noutras ocasións ás causas e factores que nos levaron a ela. Non quero ser reiterativo e menos obsesivo neste tema; pero o tempo pasa e cada día nos afundimos máis nese pozo negro da crise que semella non  ter fondo. Os diferentes planos do Goberno non dan o resultado previsto, senón todo o contrario. Xa estamos coa auga ó pescozo e presinto que nos imos afogar. Lin algunhas cousas no xornal El Mundo que me parecen certeiras. Por exemplo, toros e os privilexios fiscais do Fútbol . En El País, se fustriga que no se cultive o idioma propio (o galego) para que se impulse á Cultura e a Educación; pero iso non é posible sen cultivar a clave da Cultura e da Educación. E aquí, intervén o mesmísimo Consejo de Europa que “insta a devolver al Gallego la prioridad en las aulas”. Exactamente o contrario do que está ou pretende facer o Goberno de quenda. O cal é absurdo e mesmo diría aberrante. Á Dictadura tampouco interesaba a Educación, porque, ¿como se pode manter unha dictadura tantos anos se temos enfronte un pobo educado (no senso de preparado) e culto?

Pois algo semellante parece que quere facer o Goberno do Sr. Rajóoy, quen, como reiterei aquí tantas veces, parece que quere comportarse como un dictador. Como di o propio Rajóoy, “tomo tales e cales medidas porque estou convencido de son absolutamente necesarias ¡anque no me guste!. Non basta estar “convencido”. Hai que ter estudios e argumentos válidos baseados en datos e situacións. Etc. etc. Que a situación é complexa e hai de fondo unha loita do imperio do capitalismo por arrasar o mundo para devoralo mellor é evidente; pero que o Goberno Rajóoy se alíe con el é outro lamentabilisimo e funesto cantar…

Publicado por: Manuel Dourado Deira | 27 Outubro, 2012

=============== A R D E N T Í A ===============

                   (Artigo  para GALICIA HOXE, sábdo, 27-10-012)

                 Fracasados: agárranse ao carguiño como lapas

                               Manuel Dourado Deira

E ben, xa pasou a traca preelectoral e tamén o día D, das elección; o día en que tódalas ilusións, se  as houbo, tódalas esperanzas,  cobizas, ambicións formuladas en forma plans, pero, sobre todo,  os intereses persoais e partidarios, se estrelaron contra o inasal Paredón levantado co soberano poder das urnas que viñeron a fortificar, inda máis do que xa estaba da pasada lexilatrura con múltiples debakles dos partido cuxos representantes fracasaron, algúns de modo estrepitoso. E eso que formulaban prpostas de salvamento creando emprego, cousa coa un servidor está de acordo, porque así o esixen con todo dereito os millóns de parados, por debaixo do mínimo imprescindible e camiñan cara o negro pozo da fame. Unha traxedia demasiado coñecida ara que eu a repita aquí.

Pois ben: eses dirixentes, incluso con problemas internos seus respectivos partidos, deberían dimitir aquela mesma noite na que se coñeceron os resultados definitivos das eleccións. 1º) por dignidade persoal; 2º, por dignidade política; 3º,  por imperativa necesidade de  que os partido afectados teñan a necesaria liberdade para que, organicamente reformen as súas propias estructuras dun xeito democrático interno para que tódalas as iniciativas emerxidas dun debate critico e reflexivo  se podan amosar para remediar que o partido non siga na parálises que as urnas demostraron que están. Pola contra, fagan as reformas necesarias para que saneen e medren e se cheguen a presentar na próxima convocatoria electoral preparados dar unha batalla  con propostas  interesantes que atraian o voto popular (do Pobo). Pero, se os líderes fracasados non o permiten agarrádose como lapas a rocha formal de que posúen un cargo legal e formalmente adxudcado noutra asemblea e por un período legalmente establecido, peor acabarán todos.

E como teño declarado varias veces publicame

E como teño declarado varias veces publicamente, que un servidor é independente de toda ideoloxía, alguén me podería preguntarme, por exemplo, ¿e a ti que che vai nin che ven, que manden uns ou manden outros? Moito, porque, como cidadán aféctame ao benestar ou malestar propio e da miña familia;  familia que vivimos nunha colectividade (vila, cidade, ou megalópole. E necesitamos uns servicios públicos que nos permitan un mínimo benestar, e eso depende quen administre  o patrimonio  público do que depende o peculio privado.

Por iso o voto é público, pero secreto para que  o cidadán sexa libre de escoller aquela opción que lle pareza a mellor en cada momento, sen se ver presionado nin manipulado pola propaganda preelectoral. Isto non empece que cada opción partidaria faga as súas propostas programáticas preelectorais; é máis é un deber elemental  para informar a cidadanía sobre onde estamos, cara onde imos para resolver os problemas que nos afectan e vías de resolución. Logo aínda queda a dignidade como País de cara a U. E. e cara ao mundo. Todo iso é que nos xogamos…

nte, un servidor é independente de toda id

eoloxía, alguén me podería por exemplo, ¿e a ti que che vai nin che ven , que manden uns ou manden outros? Moito, porque, como cidadán afecta ao benestar ou malestar propio e da miña familia;  familia que vivimos nunha colectividade (vila, cidade, monstro metapolitano, ou megalópole. E necesitamos uns servicios públicos que nos permitan un mínimo benestar, e eso depende quen administre  o patrimonio  público do que depende o peculio privado.

Publicado por: Manuel Dourado Deira | 13 Outubro, 2012

   =============== A R D E N T Í A ===============

                            (Artigo para Galicia Hoxe, sábado, 13-10-012)

                           Homenaxe a Andrés Torres Queiruga

REPENSAR A TEOLOXÍA, RECUPERAR O CRISTIANISMO

                             Manuel  Dourado Deira

                                                                                  O Deus no que eu creo non busca o noso

                                                                                                      Sacrificio, senón a nosa felicidade

                                                                                                                                                                              Torres Queiruga

O pasado sábado, dicía que me estaba a entreter lendo e gozando con tres magníficos libros: Pranto Matricial na Voz do seu auto; Obra Completa de Manuel Antonio. Prosa, Tomo I  e Repensar a Teoloxía, Recuperar o Cristianismo, Homenaxe a Andrés Torres Queiruga

   Que equivocado estaba pensando que a achega que me solicitaron para colaborar nese magnífico libro debía ser curta, talvez influído polos meus hábitos no xornalismo, que debo medir o número de caracteres. Ademais, sei que un texto excesivamente extenso, por interesante que sexa o tema, córrese o risco de que o lean moi poucos ou ninguén. Entón, compuxen un texto breve, a pesar de que me advertiron de tal erro e tiña material abondo para emendarme. Non  o fixen. Mea culpa!

Pero, cando o libro chegou ás miñas mans, e comprobei que, as advertencias tiñan razón, embargoume un sentimento contradictorio: por un lado, cáseque me alegrei, porque os estudios que contén están escritos por teólogos-filósosfos ou, se o prefiren, filósofos da teoloxía. E, ademais son estudiosos de ambas especialidades, e non meros iniciados como min que só asistín ao grupo teoloxía que presidía Andrés durante moitos anos para ter unhas amplas nocións que me permitiran comprender máis criticamente a miña propia fe. Non son, pois, un teólogo; por outro lado, dispoñía de material suficiente, tanto en obras de Andrés como de outros teólogos que comentáramos no grupo de teoloxía ao que concorrían persoas moi preparadas na materia e desexosas de profundar máis nos seus coñecementos, Por iso, dicía o sábado pasado que esta obra tiña que ser obxecto de especial atención. Os títulos das estructura do libro son moi significativos. A presentación é dos editores, Manuel Caamaño e Pedro Castelao. A introducción é do propio Torres Queiruga e titúlaa “Camiño, intención e figura da miña teoloxía. Palabras de agradecemento.

Non é posible reflectir aquí tódolos principais epígrafes nin tampouco o nome dos colaborares de case todo o mundo en cuestión filosófico-teolóxicas, porque sería complexo e mesmo inconveniente. Si, debo consignar algúns escriben na súa propia lingua como, por exemplo en portugués como Joao Manuel Duque, outros en castelán, como Alfonso Novo que trata de “El problema del infierno”, ou en italiano,  como Giovano Ferretti, etc. etc.

Agora ben: a Conferencia Episcopal Española segue en contra con acontecementos cada vez máis graves. Por exemplo. Andrés estaba convidado a dar conferencias en nos Maristas de Buenos Aires e noutras institucións semellantes; pero a CEE chamou aos bispos de San Isidro, Oscar Vicente Ojea, e o arcebispo de Buenos Aires, Jorge Maglio Bergoglio, que deron a orde de prohibir tales conferencias. En conclusión: A Torres Queiruga vano crucificar como a Xesucristo. Anque penso que o mal, a mentira e o rancor nunca trufan.

Publicado por: Manuel Dourado Deira | 13 Outubro, 2012

Homenaxe a Torres Queiruga: repensar a teoloxiá recuperar o cristianismo

   =============== A R D E N T Í A ===============

                            (Artigo para Galicia Hoxe, sábado, 13-10-012)

                           Homenaxe a Andrés Torres Queiruga

REPENSAR A TEOLOXÍA, RECUPERAR O CRISTIANISMO

                             Manuel  Dourado Deira

                                                                                  O Deus no que eu creo non busca o noso

                                                                                                                                     Sacrificio, senón a nosa felicidade

                                                                                                                                                                              Torres Queiruga

O pasado sábado, dicía que me estaba a entreter lendo e gozando con tres magníficos libros: Pranto Matricial na Voz do seu auto; Obra Completa de Manuel Antonio. Prosa, Tomo I  e Repensar a Teoloxía, Recuperar o Cristianismo, Homenaxe a Andrés Torres Queiruga

   Que equivocado estaba pensando que a achega que me solicitaron para colaborar nese magnífico libro debía ser curta, talvez influído polos meus hábitos no xornalismo, que debo medir o número de caracteres para non ser excesivamente extenso e saírme do espacio que me teñen asignado. Ademais, pensando nos posibles lectores, sei que un texto excesivamente extenso, por interesante que sexa o tema, córrese o risco de que o lean moi poucos ou ninguén. Eu tamén fago o mesmo. Entón, compuxen un texto breve, a pesar de que me advertiron de tal erro e tiña material abondo para emendarme. Non  o fixen. Mea culpa!

Pero, por outra banda, cando o libro chegou ás miñas mans, e comprobei que, as  advertencias tiñan razón, embargoume un sentimento contradictorio: por un lado, cáseque me alegrei, porque os estudios que contén están escritos por teólogos-filósosfos ou, se o prefiren, filósofos da teoloxía e predominan neles amabas ambas facetas. E, ademais son estudiosos de ambas especialidades, e non meros iniciados como min que só asistín ao grupo teoloxía que presidía Andrés durante moitos anos para ter unhas amplas nocións que me permitiran comprender máis criticamente a miña propia fe. Non son, pois, un teólogo; por outro lado, dispoñía de material suficiente, tanto en obras de Andrés como de outros teólogos que comentáramos no grupo de teoloxía presidido por el ao que concorrían persoas moi preparadas na materia e desexosas de profundar máis nos seus coñecementos, cuxas opinións eran moi valiosas.

Por iso, dicía o sábado pasado que esta obra tiña que ser obxecto de especial atención. Os títulos das estructura do libro son mo significativos. A presentación é dos editores, Manuel Caamaño e Pedro Castelao. A introducción é do propio Torres Queiruga e titúlaa “Camiño, intención e figura da miña teoloxía. Palabras de agradecemento.

Publicado por: Manuel Dourado Deira | 22 Setembro, 2012

Festas de Guadalupe en Rianxo

            ================ A R D E N T Í A ===============

                        (Artigo para Galicia Hoxe,  sábado,  8-09-012)

                                 Festas de Guadalupe en Rianxo

                                               Manuel Dourado Deira

Comezarei por dicir que non son nin pretendo ser        augafestas; pero non por iso vou a obviar a verdade adobiada cunha salsiña o prebe críticos, porque así mo  pedindo moita xente polas rúas. Sobre todo, as amas de casa ou calesquera outras que teñan a responsabilidade de poñer mesa; tamén pais que teñen unha mínima preocupación polos fillos, etc.

Empecemos por estas últimas: 1)Preocupa que sigan sendo 8 días de festas, sobre todo estando como estamos metidos nese pozo negro que é a crise, en especial a nosa, tanto galega como española, e tendo acordado na propia asociación “A Moreniña” que, segundo me din, se reducirían a 5 días. 2)Preocupa que a mocidade confunda alegría, diversión, pasalo ben, colocarse, poñerse a ton, e outra expresións parecidas coa verdadeira diversión: san, temperada, segundo a capacidade de cada persoa para saber cando chega ao límite prudente. ¿Que os días de festa resulta natural “botar unha caniña ao aire”, pero sen excesos que perturben a razón, ou o equilibrio, ou outras facultades necesarias non para deixar de ser e comportarse como persoa. 3)Resulta intolerable que vaias por unha rúa coa túa muller, os teus amigos, os convidados, etc            , e veña un bébedo a descargar calquera improperio, sexan as súas miserias persoais ou familiares ou mesmo os seus vellos rancores e frustracións dos que, nese estado, pode facer responsables a inocente, sexan familiares ou alleos. 4) Neste senso, é lamentable que certas asociacións permitan que os seus membros que o primeiro día, no que en calquera colectividade que se prece, se facía o tradicional pregón pronunciado por unha persoa significada no mundo da Cultura, e ten sido interrompida polo griterío berreante de moitos membros das aludas asociacións. 5)Moitos pais de familias se me lamentaron de que cando os fillo/as chegan ás 4-5-6 da mañá seguinte, aparte de botar grande parte de noite en vela por algunha das cousas que deixo ditas, sofren afrontas dos seus propios fillos, maridos, etc. por hs-ou bs…e xa non digamos se son menores de idade. Etc., etc.

En fin, as festas son, en efecto, para divertise e como dicía Castelao a través dunha das súas viñetas na que preguntaban a home que bebía, a veces con exceso:  Pero, home, “¿e ti por que bebes tanto, oh…? Porque, respondía, quero afogar as penas; pero as condenadas aboian”.  Pero de aí, a perder o sentidiño, hai un grande treito. Botémola a caniña ao aire; pero con prudencia e temperanza. Vamos: o que se adoita chamar “unha contenteira”. Pero sen excesos que nos fagan sufrir aos demais inocente e inxustamente.

Polo demais, Rianxo ten unha mocidade estupenda; en moitos casos, exemplar, que fai arte, teatro, música, escultura, pintura, escrita de moitísima calidade, que son fieis a unha tradición máis sabia e depurada, que fai ata horticultura ecoloxista e incluso innovadora, etc. etc.

Para terminar, paréceme de xustiza, unha consignar unha loanza moi intensa dos compañeiros colaboradores que escribiron  na revista “Guadalupe 2012, dende os máis ilustres escritores, que os hai, ata o máis humilde principiante. A todos, parabéns e

Publicado por: Manuel Dourado Deira | 22 Setembro, 2012

============ A R D E N T Í A ===============

                       (Artigo para Galicia Hoxe. Sábado, 1-IX-012)

             A DESVERGOÑA FISCAL DO FÚTBOL ESPAÑOL

                                           Manuel Dourado Deira

Tomo este titular de R. L. Blanco Valdés, quen,en La Voz de Galicia do 22-8-012 publica un artigo titulado “La desvegüenza fiscal del fútbol español”. Artigo que me vai servir de guía para ofrecer, unha vez máis, aos Gobernos Galego e Español outra vía que non sexa tanto recorte para saír da crise que eles mesmo provocaron, ou, polo menos, agravaron dun modo moi particular, como xa levo dito noutros artigos.

O Sr. Blanco Valdés faise esta pregunta clave: ¿cantos son 674 millones de €, calculados nas antigas pesteas que os clubs deben á Facenda Pública? El mesmo se respode: son a frioleira de algo máis de cen mil millóns da nosa previa moeda nacional. Unha cantidade de diñeiro fabulosa, cuxa importancia é máis fácil apreciar en estes duros momentos de recortes nos que o aforros de montante moito máis modesto, de ducias de millóns de € son obxecto de agres debates entre axustadores e axustados”.

Este é o núcleo da cuestión que España ten planteada respecto de moitos sectores que parecen gozar dunha bula especial na que os políticos non aplican a mesma lei que aplican a millóns de modestos cidadáns sobre os que recaen os recortes que fan nosos gobernos de quenda. 674 millóns son a cantidade que, segundos os cáculos do Sr. Blanco Valdés, deben  os clubes de 1ª e 2 ª división; pero, se se aplicara a tódos os clubes de categorías inferiores, a cantidade ascendería 752 millóns de €.

De onde sae ese diñeiro? Pois do peto dos españois, e, segundo parece, non dos multimillonarios, senón da cidadanía común, da cidadanía de a pé; desa pobre cidadanía que tamén esta a sufrir a subida do ive de tres puntos máis; do pobo que son víctimas do acoso da Banca insolente, cuxos capitostes se apropiaron de cantidades millonarias; desas xentes humildes que non poden pagar a s hipotecas porque perderon o seu traballo e que foron aforrando día a con moitos sacrificios e suores as cotas correspondentes para lle facer fronte ás débedas para te unha morada onde acubillarse coa súa familia. E os nosos políticos miran para outra parte. Unha desvergoña e un escandaloso privilexio. Sobre todo tendo en conta que, á hora de contratar estrela para o negocio das Sociedades Anónimas que son os clubes gastan cantidades  extratosfericamente  multimillonarias. Pero non contribúen a Facenda Pública con un só cadelo, nin individual ni colectivamente. Engadan a iso que outra manchea de sectores da nosa economía, non só non  contribúen  á Facenda Publica, senón que, por riba, aínda defraudan, menten, falsifican contas, e un lamentable e longo etc.

A quen corresponde solucionar todo isto? Aos Gobernos de quenda e á Banca, que foi esquilmada polos grandes capitostes con soldos e prebendas multimillonarias; pero miran para outro lado. E  os poderes cargan na pobre cidadanía inocente e despoxada, en moitos casos, dos aforros da súa vida e  incluso da súa propia morada que tentos sacrificios lle custou adquirila. Isto parece unha república bananera,

Older Posts »

Categorías